Ferrol Sábado 22 de Mayo de 2010
Unha ducia de entidades apoian a presenza
do galego no ámbito deportivo local
REDACCIÓN > FERROL
Un total de doce entidades deportivas e educativas da cidade uníronse xa ó manifiesto de apoio á presenza da lingua galega no ámbito do deporte presentado polo Concello durante a última edición da Gala do Deporte.
A iniciativa pesentábase baixo o lema "Ferrol co deporte, Ferrol co galego".
O concelleiro de Deportes e Normalización Lingüística, Manuel Santiago, destacou o feito de que en tan só unha semana doran máis dunha decena as asociacións que prestaban o seu apoio, ben a nivel individual ou como entidade, ó documento.
Este atópase a disposición do público na web www.ferrolconlingua.com/index.php/Manifesto do deporte, onde se poden deixar mensaxes de apoio.
Ata o de agora adheríronse a federación Galega de Tenis, Agrupación Deportiva Esteiro, CEIP Juan de Lángara y Huarte, Escola de Iniciación ao deporte Inferniño, R.S. Pedro de Ferrol, Club Esquío, Ferrol Baloncesto, Racing Club de Ferrol S.A.D., escuela de Fútbol Racing Ferrol, Club Natación Ferrol, Club Ferrol Tenis de Mesa e Asociación de Padres y Amigos de Nadadores-Club Marina Ferrol.
O concelleiro de Normalización Lingüística lembrou que o Concello e o Consello Municipal da Lingua decidiron priorizar o mundo do deporte nos anos 2009 e 2010 como sector no proceso de normalización social do idioma.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario