lunes, 15 de diciembre de 2008

REIVINDICAMOS UNHA NOVA PISTA DEPORTIVA

NOVA PISTA DEPORTIVA


A ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO é unha asociación deportiva sen animo de lucro, con domicilio social neste barrio do Inferniño e que seu principal fin é acercar aos nenos e nenas, desde bebés, acercar ao mundo do deporte dende a base.


Esta ESCOLA DEPORTIVA denunciamos que esta PISTA DEPORTIVA (DEP-3) non cumpre co seu cometido de espazo público adicado á práctica deportiva da infancia e xuventude nunhas mínimas condicións esixibles, habendo as veces bastantes lesións motivado ao estado do solo -LIXA nesta pista.

Destacar as queixas en xeral desta pista ademais de non dispoñer dun ALUMEADO axeitado e, por tanto, padecer dunha PISTA ESCURA.

Consideramos que esta PISTA ESTÁ OBSOLETA E ANTICUADA, ademais nun lamentable estado de abandono e desidia por parte dos continuos gobernos locais.

Para alcanzar este fin, o concello e institucións públicas deben ofrecer unhas instalacións dignas, dunha óptima calidade para que os deportistas podan realizar unha actividade deportiva satisfactoria.

Os pais e nais reclamamos una PISTA co seu perímetro totalmente pechada e protexida onde os deportistas podan xogar ou competir desde unha seguridade homologada e dunhas instalacións de calidade, impulsando o cumprimento do PXOU neste espazo DEP-3.

Ante os planos do Goberno Central no marco do Fondo Estatal de Investimento Local para dinamizar a economía con obras de melloras e rehabilitación nos ESPAZOS PUBLICOS, a Xunta directiva desta Asociación demanda do Concello de Ferrol a CONSTRUCIÓN DUNHA AREA DEPORTIVA cara a realizar unha actividade deportiva de calidade.

Nas nosas preferencias de disciplinas deportivas está a creación dunha PISTA DE BALONCESTO e MINI-BASKET protexida para os mais peques, ademais doutras practicas deportivas nocturnas onde sería esta Praza e Pista deportiva un referente.


Ferrol a 10 de Decembro de 2008.

O Presidente


Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO


- SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-
- SR.CONCELLEIRO DE DEPORTES.
- SR.CONCELLEIRO DE FACENDA.
- SR. CONCELLEIRO DE URBANISMO.
- SRA.CONCELLEIRA DE PRAZAS.

No hay comentarios: