redacción ferrol.
A asociación Escola de Iniciación ao Deporte Inferniño entregou no Concello un escrito no que reclaman a construción dunha nova área deportiva no Inferniño con parte dos trece millóns de euros que lle corresponden a Ferrol dos fondos anti-crises do Goberno central.
Esta entidade entende que a actual pista está obsoleta e anticuada, que non cumpre unhas mínimas condicións esixibles para que os mozos e os nenos do barrio poidan practicar actividades deportivas sen risco de lesións ou danos.
Neste sentido, no seu escrito quéixanse do estado en que se atopa o chan desta pista, que cualifican de lixa, ademais de denunciar a ausencia de iluminación adecuada.
Desta situación culpan á desidia por parte dous continuos gobernos locais.
Nova instalación -
Os pais e nais que forman parte desta Escola deportiva reclaman aos responsables municipais no seu escrito unha pista co seu perímetro totalmente pechado e protexida, onde os deportistas poidan xogar ou competir desde unha seguridade homologada e unhas instalacións de calidade, impulsando o cumprimento do plan xeral de Urbanismo (PXOM).
En canto aos usos que propón para esta área, desde esta escola de iniciación deportiva sinálase como preferencia a creación dunha pista de baloncesto e mini-basket protexida para os máis pequenos, ademais doutras prácticas deportivas nocturnas onde sería esta praza e esta pista un referente.
Para alcanzar este fin, esta entidade, recorda que as institucións públicas deben ofrecer unhas instalacións dignas, con óptima calidade nas que se poida desenvolver unha práctica deportiva satisfactoria.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario