
A Xunta Directiva da Escola de Iniciación ao Deporte INFERNIÑO, Reunida este día 18, COMUNICA que está ABERTA a MATRICULA de INSCRIPCIÓN NAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA TOD@S OS NEN@S .
A nosa Escola Deportiva valora máis a partipación deportiva dos nenos e nenas en forma de xogo e relación entre eles, coñecemento das distintas disciplinas deportivas, xogos populares, patinaxe, psicomotricidade, iniciación ao baloncesto, volei, hockey sobre patíns, natación para soci@s ...etc, sen ningún hábito de competición deportivo nestas primeiras idades, ate os 10 anos.
INFORMAMOS da CONVOCATORIA DE SOCI@S para celebrar unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA o XOVES día 27 no salón de actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO do Inferniño, ás 18 30 horas na primeira convocatoria e ás 19 00 horas na segunda.
Animamos aos soci@s de axudar nas tarefas de directiv@s na Xunta Directiva para xestionar a nosa Asociación Deportiva de nosos
fill@s.
Explicaremos da convenencia de esixir ao Concello e seu Padroado de deportes de atender as nosas peticións de INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS que entendemos deben se compartir entre os Clubs do entorno, o cal obvia e perxudica aos nosos nenos-as.
Continuaremos reivindicando nosos dereitos.
Ferrol a 18 de Setembro de 2007.
asdo. Estefanía PEREZ FERNANDEZ - Secretaria.
asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO - Presidente.
Saúdos deportiva .
No hay comentarios:
Publicar un comentario