A CONTRAPORTADA DIARIO DE FERROL:
O deporte e os xogos tomaron o Inferniño
A praza do Inferniño foi tomada onte por unha chea de nenos que acudiron a disfrutar da terceira Xornada de Xogos Populares organizada pola asociación deportiva do barrio. Desde as cinco ata cerca das oito da tarde, pequenos e rapaces, dos catro aos doce anos de idade, xogaron ó baloncesto e ó brilé, participaron en probas de atletismo, carreiras por relevos e no tiro de corda.

REPORTAXE DE M.MAYORAL
A Escola Deportiva Inferniño é unha entidade que traballa a prol da iniciación dos nenos en diferentes deportes. A entidade ofrece unha ampla variedade de actividades que van desde a psicomotricidade ata o hockey sobre patíns ou a natación. Todo agás o fútbol, unha postura de rebeldía que algúns non acaban de aceptar.
A entidade naceu en 2004. Naquel ano eran 23 os nenos do barrio que comezaron a participar nas actividades da escola, mentres que agora son xa 65 os alumnos e as clases desenvólvense no polideportivo do barrio e no ximnasio do Marqués de Suanzes. Para a organización das clases, a asociación contratou á empresa Servicios Deportivos Galicia (SEDEGA) e chegou a un convenio co Club Natación Ferrol para que os rapaces naden na piscina de Caranza. A intención, segundo explica o presidente, Xosé Mel Sanxoán , é seguir medrando e incorporar tamén as actividades náuticas a oferta da escola.
A xornada de onte foi a festa de fin de curso da escola, aínda que estivo aberta a todos e non só aos alumnos habituais. Tres monitores encargáronse da organización das distintas probas, nas que reinou o espírito da participación por enriba da competición. Porén, tamén houbo medallas e camisetas para todos os participantes da Escola Deportiva.

No hay comentarios:
Publicar un comentario