lunes, 23 de abril de 2012

Exhibición Ximnasia rítmica -Concello de Fene.-

XIMNASIA RÍTMICA.

Medio milleiro de ximnastas na exhibición de Fene.

Paulo alonso/ José Valencia
23 de abril de 2012.

As bancadas do pavillón da Xunqueira de San Valentín volvéronse encher de público o sábado pasado para acoller a cuarta edición da Exhibición de Ximnasia Rítmica Concello de Fene. En total, estaban citadas 497 nenas, para demostrar as súas habilidades nunha especialidade que mantén todo o seu tirón entre as máis novas. Durante toda a tarde mostraron as súas habilidades deportistas de 26 clubs de distintos puntos de Galicia. Durante a xornada, tamén se realizaron exercicios a cargo dos integrantes das escolas municipais de Fene de baile e aeróbic infantil, con gran acollida entre o público.

Dous momentos clave ;
Entre os clubs que se volcaron en organizar exercicios para a exhibición da Xunqueira de San Valentín figuran a Asociación Inferniño (ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO) de Ferrol, o Acordes e a Escola de Pontedeume, o Club Brío de San Sadurniño, a Escola Danzares de Ares, as de Sillobre, San Valentín, Maniños, Mugardos, Fene e Ares, o colexio Ayala e o Club Esquío de Ferrol. Esta última entidade, con 69 deportistas inscritas, foi a que achegou a un maior número de ximnastas na exhibición do sábado.
A xornada, sen afán competitivo, estivo encamiñada en fomentar o deporte entre os mozos e prolongouse durante catro horas.
As familias que acudiron ao pavillón gozaron dos exercicios das nenas.
O Concello de Fene organizou a exhibición por cuarto ano consecutivo.

La Voz de Galicia.-

No hay comentarios: