martes, 15 de febrero de 2011

SUSPENSIÓN ACTIVIDADES - ADVERSO METEO.- ALERTA LARANXA.-

- SUSPENSIÓN ACTIVIDADES -


Mércores-16 de Febreiro-2011




Educación suspende as actividades extraescolares e ao aire libre nas provincias da Coruña e Pontevedra e da Mariña lucense por mor da alerta laranxa por vento que entra esta medianoite.

A decisión derívase da recomendación da Comisión de Alertas Meteorolóxicas, integrada polas Consellerías de Presidencia, Medio Ambiente e infraestruturas e Educación


Santiago, 15 de febreiro 2011.-

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar aos centros educativos a decisión de suspender no día de mañá, 16 de febreiro, as actividades extraescolares e ao aire libre nos centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, e na Mariña lucense, por mor da alerta laranxa que entra esta medianoite.

Deste xeito a Consellería transmite aos centros a recomendación da Comisión de Alertas Meteorolóxicas, que celebrou hoxe a súa primeira reunión.

Ao abeiro da aprobación do protocolo sobre adversos meteorolóxicos o pasado xoves no Consello da Xunta, hoxe quedou constituída a Comisión de Alertas Meteorolóxicas, encargada de realizar propostas decisións relativas á suspensión de actividade docente nos centros ou, de se lo caso, do transporte escolar.

A Comisión está formada polo director xeral de Emerxencias e Interior, polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias, o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, e o director xeral de Centros.

A Comisión de Alertas constitúese como órgano de apoio e asesoramento á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a adopción, por parte desta, das medidas que procedan ante situacións de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos.






xunta.es

No hay comentarios: