Petición Entrevista Concelleiro de Deportes.
A Escola Deportiva INFERNIÑO, solicita unha entrevista co concelleiro de Deportes co fin de darlle solución ao Pavillón do Inferniño ante a infrautilización destas instalacións.
Estimamos que sería necesario dotar a este Pavillón de Canastras de Mini-Basquet co fin de realizar adestramentos e sobre todo para poder xogar os partidos de competición de mini-basquet os fins de semana, o cal pensamos sería ben acollida por outros clubs deportivos deste deporte de base.
Ferrol a 1 de Febreiro de 2010.
Asdo. Xosé M. Sanxoán – Presidente
- SR. CONCELLEIRO DE DEPORTES – CONCELLO DE FERROL.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario