lunes, 14 de septiembre de 2009

PETICIÓN XUNTANZA CONCELLEIRO DEPORTES






A Xunta Directiva da “Escola de Iniciación ao Deporte INFERNIÑO “,

S O L I C I T A :


unha REUNIÓN co Concelleiro de Deportes co fin de revisar e debater os compromisos deportivos coa nosa ESCOLA para establecer unha mutua e estreita colaboración en beneficio dos nenos/as na practica deportiva de base.

Nosas prácticas deportivas son moi diversas coma PSICOMOTRICIDADE- BEBES, PREDEPORTE, PATINAXE, XIMNASIA RITMICA, BALONCESTO MIXTO Federado e un grupo de soci@s para a práctica da NATACIÓN.

Neste caso de NATACIÓN, nosa ESCOLA ten un acordo co CLUB NATACIÓN FERROL, o cal nos informa que a partir deste curso será o Concello quen vai xestionar a Piscina de Natación de Caranza. Así pois preguntamos que solución ten o Padroado de Deportes para un grupo de 25-30 nenos/as.

- Seguimos reivindicando a consecución dun LOCAL e compartir os PAVILLÓNS MUNICIPAIS e diversas instalacións en igualdade de condicións e horarios.

Pensamos que temos un grande proxecto deportivo a medio prazo e que necesitamos que se cumpran os compromisos do Concelleiro para facilitarnos medios materias e instalacións deportivas.

Ferrol a 14 de Setembro de 2009.

O Presidente


Asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño

-SR. CONCELLEIRO DELEGADO DE DEPORTES.-

No hay comentarios: