a quinta edición dos xogos deportivos
REDACCIÓN > FERROL
A Escola de Iniciación ao Deporte “Inferniño” celebrará mañá venres a quinta edición dos xogos deportivos que terán lugar a partir das 17.30 horas na pista do Inferniño.
A cita será desenvolvida pola empresa Sedega, que achegará tanto os monitores como o material para realizar as actividades.
Xogos tradicionais como a rá, sogatira, aro, carreiras de sacos, e moitas outras propostas formarán parte dun programa lúdico deportivo que se prolongará ata as oito da tarde, momento no que se procederá á entrega das medallas aos alumnos/as da devandita escola.
A xunta directiva da escola deportiva “Inferniño” amosou tamén a súa satisfacción pola “desexada” nova pista polideportiva, e agardan que “o goberno local atenda a nosa petición de instalar canastras de mini-basket pensadas e destinadas aos máis pequenos”, din.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario