lunes, 26 de enero de 2009

ENTREVISTA NO PADROADO DEPORTES




REUNION CONCELLEIRO DEPORTES.-

Este pasado martes, día 20 de xaneiro, membros da xunta directiva mantivemos unha REUNIÓN co concelleiro de deportes no Padroado, que valoramos como moi positiva e frutífera para os nosos intereses.

Tratamos os seguintes temas.


PISTA POLIDEPORTIVA PRAZA DO INFERNIÑO.-

Infórmanos que esta presentado un proxecto para a rehabilitación total da PISTA POLIDEPORTIVA DA PRAZA DO INFERNIÑO cun pavimento novo en varias capas de ZAHORRA, aplicación dunha capa de aglomerado e outra de revestimento tipo “IMPERSPORT” a base de RESINAS ACRÍLICAS EN TRES CAPAS.

Conta cun orzamento de 54.425,81 € en un prazo de execución de dous meses.

INSTALACIONS.-

Demandamos do concelleiro realizar os partidos e adestramentos de mini -basqket no PAVILLON do ENSANCHE o cal pedimos adaptar as canastras de baloncesto cun mecanismo para baixar os taboleiros.
Responde que consultará cos técnicos..

CONVENIO .-

Expresamos que sempre quedamos fora das subvencións que oferta o Padroado de Deportes do Concello de Ferrol motivado a que non convoca para o deporte NON FEDERADO.
O Concelleiro infórmanos que somos o único Club en Ferrol con estas características.
Por tanto quere cumprir con nós o seu compromiso adquirido de nos axudar mediante a realización dun Convenio económico o cal aceptamos para súa posterior sinatura dun documento.



asdo. Estefanía Pérez- Secretaria
asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

No hay comentarios: