domingo, 25 de mayo de 2008

REUNION CONCELLEIRO DE DEPORTES

A Xunta Directiva desta Escola Deportiva INFERNIÑO, fai unha valoración positiva en canto a ultima reunión co Concelleiro de deportes e membros desta directiva este pasado día 8 de maio.

A xunta expresamos nosa satisfacción polos compromisos e acordos alcanzados nesta reunión en canto a melloras para nosa Escola deportiva.

Nos satisface saber que as bases dos subsidios do padroado de deportes de Ferrol van a cambiar, dando entrada nestas bases o deporte non federado, semellante a deputación provincial.
Expresa o Concelleiro un claro compromiso con nós para nos conceder unha subvención este mesmo ano.

A Xunta Directiva solicitou unha axuda ou subvención para poder realizar os IV XOGOS DEPORTIVOS na Praza do Inferniño o vindeiro xoves, día 29 de maio a partir das 5, 30 horas da tarde, que consistirán en 70 medallas gravadas.

Estes IV XOGOS DEPORTIVOS serán realizados pola empresa – deportiva SEDEGA o cal presentamos un ORZAMENTO en detalle, APROBADO por esta xunta directiva.

Ferrol a 20 de Maio de 2008.

O Presidente / A Secretaria


Asdo. Xosé M. Sanxoán / asdo. Estefanía Pérez

No hay comentarios: