domingo, 23 de diciembre de 2012

Escola



A ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO
 
desexavos unhas
 
FELICES FESTAS
 
MELLOR  ANINOVO-2013
 


 
 
 
 
A Escola.-
 


domingo, 11 de noviembre de 2012

Fotos 1° partido oficial NEDA

 
Fotos do 1º Partido de Premini da Escola Deportiva Inferniño.
 
Divertido e emocianante para as familias e amigos dos dous
 
equipos no Pavillón de NEDA.
 
 
 





 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 




Sábado, 10 de Novembro de 2012.-

Saúdos deportivos.-


Fotos Partido NEDA

 

1º Partido oficial do equipo de Pre-minibasquet desta Escola Deportiva Inferniño no Pavillón de NEDA este sábado, 10 de Novembro-2012 ás 12h.

 

FELICIDADES DEPORTIVAS.-

 
 
 




 

 
 
 
 
 
 
 





 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 





 








 



domingo, 23 de septiembre de 2012

INICIAMOS PRE-MINIBASQUET.-



BALONCESTO
 
- PREMINIBASQUET -
 
 
 
Queremos comunicar que está aberta o prazo de inscrición para xogadores/as de Pre- Minibasquet (2003-04) e comezar esta tempada de forma federada nesta disciplina deportiva.


 
  
Aquelas nenas e nenos que queiran aprender a técnica do basquet, poderán adestrar de forma básica - non competitiva- a partir de 7 anos.


 
 
 
 - Saúdos deportivos.-
 
 
- A directiva.-


ACTIVIDADES DEPORTIVAS-2012-13



 
ACTIVIDADES DEPORTIVAS non Federadas(Deporte de base)
 
CURSO 2012-13


Informamos que estamos ultimando os Horarios das actividades deportivas desta Escola Deportiva Inferniño

As previsión de horarios, ainda que pode haber algunha pequena moidificación,  xa están moi avanzadas.

Comezaremos as Actividades Deportivas a principios de Outubro- (Confimaremos).


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

                XIMNASIA  RITMICA

                 MARTES - 19 h  a  20 horas.

                 XOVES  -  18 h  a  19 horas.

 - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -



                PATINAXE ARTÍSTICA ( iniciación)

MÉRCORES   -   19 h.  a  20 h.


 - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


           PRE- DEPORTE - (3, 4 , 5 anos)

  VENRES - 18 h.  a  19 horas.


Estas actividades terán lugar no Ximnasio CEIP. de RECIMIL, dirixidas por monitoras experimentadas.














Saúdos deportivos



- A directiva.-








lunes, 14 de mayo de 2012

Parabéns para Chiqui Barros polo ascenso.-


FELICITACIÓNS desta ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO

ao Adestrador ferrolán CHIQUI BARROS.


O Coelbi Bembibre selou o seu

pasaporte a División de honra da

Liga Feminina





El Equipo de Campioas O Coelbi Bembibre, dirixido polo ferrolán Chiqui Barros, logrou o ascenso a División de HONRA despois de superar ao Feminino Cáceres en unha das semifinais da fase de ascenso que de disputou en Huelva por un resultado de Feminino Cáceres 52 por BEMBIBRE 64.


PARABÉNS ao adestrador Ferrolán polo que esta ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO felicita de forma moi sincera.


- A directiva da ESCOLA.-

viernes, 4 de mayo de 2012

Convocatoria ASEMBLEAS.-



-CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
9 de Maio -2012





          ESTIMAD@s SOCI@s;

 

         A Xunta Directiva CONVOCA a ASEMBLEA Xeral Ordinaria anual desta “Escola Deportiva INFERNIÑO“, no LOCAL social -Avda. Viveiro- (fronte a parada de taxis) o día 9 de maio ás 17,45 h. na primeira convocatoria e ás 18,15 h. na segunda.




Orde do día

1 .- Lectura e aprobación da ACTA Asemblea Ordinaria anterior.

2 .- Informe de Xestión- Aprobación MEMORIA ANUAL.
          -(Votación)
3 .- Informe económico -2011. (Votación)

4 .- Previsión económica para o exercicio 2012. (Votación)

5.- Previsión do Programa de actividades deportivas-12.

6 .- Suxestións e preguntas.

         Saúdos deportivos .-



Ferrol a 23 de Abril de 2012



-A directiva.


* Esperamos a túa participación.-
        - - - - - -- - - - - -  - - - - - - - - - - - - - - - - -

Continuaremos cunha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA co fin de renovar metade da directiva en aplicación do artigo 18 dos Estatutos, os cargos de VICE-PRESIDENTE/A ; SECRETARIO/A ; TESOUREIRO/A; VOGAIS PARES.

    Ferrol, a 23 de Abril de 2012.


             A directiva
 
                              O Presidente                        O Secretario
 

lunes, 23 de abril de 2012

Exhibición Ximnasia rítmica -Concello de Fene.-

XIMNASIA RÍTMICA.

Medio milleiro de ximnastas na exhibición de Fene.

Paulo alonso/ José Valencia
23 de abril de 2012.

As bancadas do pavillón da Xunqueira de San Valentín volvéronse encher de público o sábado pasado para acoller a cuarta edición da Exhibición de Ximnasia Rítmica Concello de Fene. En total, estaban citadas 497 nenas, para demostrar as súas habilidades nunha especialidade que mantén todo o seu tirón entre as máis novas. Durante toda a tarde mostraron as súas habilidades deportistas de 26 clubs de distintos puntos de Galicia. Durante a xornada, tamén se realizaron exercicios a cargo dos integrantes das escolas municipais de Fene de baile e aeróbic infantil, con gran acollida entre o público.

Dous momentos clave ;
Entre os clubs que se volcaron en organizar exercicios para a exhibición da Xunqueira de San Valentín figuran a Asociación Inferniño (ESCOLA DEPORTIVA INFERNIÑO) de Ferrol, o Acordes e a Escola de Pontedeume, o Club Brío de San Sadurniño, a Escola Danzares de Ares, as de Sillobre, San Valentín, Maniños, Mugardos, Fene e Ares, o colexio Ayala e o Club Esquío de Ferrol. Esta última entidade, con 69 deportistas inscritas, foi a que achegou a un maior número de ximnastas na exhibición do sábado.
A xornada, sen afán competitivo, estivo encamiñada en fomentar o deporte entre os mozos e prolongouse durante catro horas.
As familias que acudiron ao pavillón gozaron dos exercicios das nenas.
O Concello de Fene organizou a exhibición por cuarto ano consecutivo.

La Voz de Galicia.-

lunes, 9 de abril de 2012

Novo Equipo basquet.-

          NOVO EQUIPO DE PRE-MINI-

A directiva informa que estamos impulsando un novo equipo de basquet grazas a colaboración e complicidade de varias nais, coa posibilidade e intención de empezar a competir na liga esta seguinte tempada 2012-13.

Pedimos a colaboración de tod@s, pasedes a voz informando que estamos creando un EQUIPO de nenas e nenos nados en torno o ano 2003.
Comezaremos xa este vindeira semana os adestramentos os MARTES e XOVES ás 7 h da tarde no Pavillón Isaac Peral coa actual adestradora Merchy Permuy.

Por tanto, CONVIDADAMOS aos NENOS/AS para asistir a estes adestramentos no Pavillón do Isaac Peral ás 7 h da tarde dos Martes e Xoves.

Seguiremos informando

Saúdos

martes, 20 de septiembre de 2011

Comezo das actividades deportivas.-

ACTIVIDADES CURSO 2011-12


Baloncesto -
Premini-basquet e mini-basquet,

-  A partir de 7 anos-


Ximnasia Rítmica - 

- Grupos de ;
  4 - 6 anos,
  7 - 9 anos,
  maiores 10 anos.

Patinaxe- Predeporte

- A partir de 4 anos.-

Psicomotricidade infantil

  2 - 3 anos


-Comenzamos en diferentes Ximnasios en outubro.

Chámanos,...o deporte vence e convence.



























A Directiva.-


jueves, 14 de julio de 2011

REESTRUTURACIÓN BALONCESTO.-

A Federación Autonómica de basquet

reestrutura todas as súas competicións .

Xoves, 14 de Xullo de 2011.-

redacción > ferrol


A tempada 2011/12 arrincou para o baloncesto galego fai un par de semanas coa celebración da asemblea xeral ordinaria da Fegaba
 Unha reunión na que se fixaron as directrices do que será o próximo exercicio, no que o órgano reitor do baloncesto autonómico acometerá, segundo aprobaron os seus asambleistas, unha profunda remodelación das competicións que del dependen, desde categoría senior a infantil.



Co obxectivo de dar máis cohesión ao conxunto de campionatos que dela dependen, acábase coa diferenza entre competicións autonómicas e zonais para establecer unha única liga galega con varias categorías en cada grupo de idade. A nivel senior, iso traduciríase na existencia de ata catro categorías. A primeira corresponderíase coa antiga Primeira Nacional, na que, no caso de Ferrolterra, militaría o Tuimil Electricidade. A continuación, a Segunda, englobaría aos equipos adscritos á Liga FGB e é nela na que partirían tanto Emparesa Narón como o recentemente ascendido Ferorsa Recimil.

Ata este momento, as diferenzas non van moito máis alá da nomenclatura, pero é a partir de aí onde aparecen as modificacións máis significativas. Así, existirá unha Terceira División con sesenta equipos de toda Galicia, procedentes das actuais ligas zonais que se dividirían en seis cadros con dez formacións cada un agrupados segundo criterios de proximidade xeográfica.
Estas escuadras disputarían unha liga regular a dobre volta e despois sendas fases de ascenso e descenso.
E é que, aínda que non é o caso da delegación ferrolá, na que actualmente só existe unha competición senior, noutras zonas o gran número de equipos inscritos obrigan a establecer máis dunha categoría. Cos equipos pertencentes a estes torneos "secundarios" establecerase unha Cuarta División. Os clubs de Ferrolterra, segundo as súas aspiracións, situaríanse nunha ou outra categoría, en ambos os casos con escuadras da Coruña.

No caso da competición senior feminina, os torneos redúcense a tres pero cunhas características similares: Primeira (a actual Primeira División), Segunda (a ata agora liga FGB) e Terceira -os campionatos impersonales-.
No que aos locais refírese, só o Universitario, cunha escuadra no que será a Segunda División, veríase afectado.

Base .-

 Seguindo un esquema similar vertébranse as competicións de base que contarán, en cada grupo de idade, con dúas categorías. A Primeira, composta por doce equipos no caso do cadro masculino e con dez no do feminino; e a Segunda, co resto de escuadras que non teñan praza na anterior. Tamén aquí distribuiranse segundo criterios xeográficos, en grupos que non teñan máis de doce ou catorce equipos e un mínimo de dez.

As formacións que terán acceso á categoría principal son, no caso dos mozos, os dez conxuntos que militasen o pasado ano en liga galega máis dúas escuadras seleccionadas segundo un baremo establecido para tal fin pola Comisión de Actividades da Fegaba. Para as mozas, seleccionaranse ás oito mellores escuadras do último exercicio regular que se completarán por outras dúas designadas polo ente federativo.

A primeira implicación para o baloncesto ferrolán é que o Mercedarias, que pechou os campionatos junior e cadete, perdería automaticamente a súa praza. Pero é que, ademais, a competición convértese nunha liga totalmente pechada, e é aí onde esperta máis reticencia, pois pode provocar que non sempre compitan os mellores pois algúns equipos poden perder nenos dun ano para outro (porque cambien de categoría pola súa idade).
O sistema de competición previo non garantía a ninguén a presenza na competición autonómica dunha campaña para outra. Os equipos que con anterioridade militaran na categoría debían defender a súa praza no torneo de apertura, previo á liga galega; mentres que desde a zonal podían acceder algunhas escuadras máis se superaban unha fase de clasificación, primeiro, e un cruzamento de promoción despois.

Nin que dicir ten que a Segunda División aumentará os gastos de desprazamento para aqueles equipos en cuxas delegacións zonais non haxa escuadras suficientes para conformar un grupo. Isto xa sucedía na actualidade e escuadras como Universitario, Pontumio e Mercedarias disputaban a liga infantil feminina con formacións da Coruña, do mesmo xeito que o Ximnasio Bitácora ou o Emparesa Narón na junior masculina. Pero outras competicións saían adiante no marco local con só sete clubs.

Aínda que os clubs locais non se pon de acordo en se os seus orzamentos resentiranse excesivamente (a opinión dalgúns aparece no cadro inferior), no que todos coinciden é en que, como contrapartida se dotará a todos os equipos de torneos, a priori, máis potentes, regulares e prolongados.

Outra das novidades derivadas das novas bases de competición é a instauración da Copa Galicia como un torneo destinado unicamente aos equipos que disputan a Primeira División (iso levantou algunhas críticas).
A competición, e aí radica a súa principal novidade, terá lugar, como sucede a nivel senior, antes de que arranque a liga, o que obrigará aos equipos a comezar a traballar a finais de agosto e chegar máis rodados ao campionato regular exercendo o torneo copeiro como un inmellorable banco de probas máis aló dunha simple pretemporada..
 
Diario de Ferrol.-
Foto Escola
 

miércoles, 20 de abril de 2011

TORNEO MINI-BASQUET 3 X 3 - ESTEIRO

Mini basquet 3 x 3



Pavillón de Esteiro












Convidados polo Club Universitario, participamos con dous equipos da Escola Deportiva neste torneo de Mini-basquet 3 x 3.
















Os nosos equipos EDI-1 e EDI-2 fixeron un xogo de altísimo nivel e cuns resultados moi satisfactorios.


















Os xogadores/as aplicaron as reglas do mini- basquet e divertímonos co baloncesto.





















Os resultados foron moi favorables e controlaron case todos os partidos.

























PARABÉNS a todos/as os xogadores por súa evolución e aprecio a este deporte de equipo.












- A directiva.-